Volver Soñar foi gravado nos Estudios Musicales Metropolis de Vigo.
1-Pedras
2-Arróupame
3- Muiñeira de Floreano
4-Xota de Caroi
5- Padararuama
6- Senhora do Almortâo
7- Volver Soñar
8 – An Bradán Polka
9- Terra d´Mos, Mar d´Arousa
10- Filla da Roseira
11- O Nubeiro
12-Pasacorredoiras da Torroeira
Pedras Diego Bea Besada Arr. Diego Bea Besada
As pedras non son só para tropezar, tamén fan camiños.
E se te paras a observar, os camiños contan historias e lendas de tódalas cousas que andiveron sobre eles, de cabalos e rodas que os desgastan, da choiva que os molla, dos tronos que os fan tremer, do sol que os seca, e das follas que tímidamente se pousaron sobre eles, Iicluso das persoas.
E algunas pedras teñen máis historia da que nos, co noso efímero orgullo, pretendemos ser… Diego Bea Besada
Arróupame Xulio Lorenzo Arr.Diego Bea Besada
Cando compuxen éste tema non sabía que título poñerlle e cando me pasa algo así sempre pido axuda nas redes ós seguidores e amigos…houbo un alubión de suxerencias pero a que realmente me encantou foi esta:
“Arróupame, a música pareceume cálida e sensíbel. Tróuxome boas sensacións, bos recordos, sentinme ben. Escoiteina ésta maña de outono, recostada no sofa tapada cunha mantiña. Arroupeime coa manta o son da túa música e fíxome sentir iso, arroupada polos recordos e bos sentimentos que me trouxo escoitandoa”…
Susana González Lago
Xota de Caroi Tradicional. Arr Roberto Comesaña/Diego Bea Besada
Xota Tradicional fermosísima da cal falan que ten connotacións Sefardies, cun fantástico arranxo feito coa axuda do noso acordeonista Roberto Comesaña ademáis de Diego Bea e cantada polas grandes Pandereteiras Arume de Guizán, simplemente unha mixtura fantástica.
Colaboración especial: Pandereteiras Arume de Guizán.
Padararuama Xulio Lorenzo Arr.Diego Bea Besada
Este tema foi composto no ano 2015 durante a miña xira polo Brasil. Nunha visita que fixen a miña familia de Rio de Janeiro descubrín novos ritmos e novas músicas. Un tema adicado con todo o meu corazón ós meus tíos Sideni e Constantino que rexentan unha “Padaria”(Nosa Padaria) en Araruama….xa sabedes de onde sae o título?…
Senhora do Almortâo Música Xulio Lorenzo/ Arr. Diego Bea Besada
Popular Beira Baixa (Portugal)
Un dos temas máis emblemáticos da cultura popular de Portugal na Beira Baixa na estrema con Castela. Lévame a noites o carón dun lume nos tempos de antes. A música foi unha composición que fixen fai xa seis anos, cando a escoitei por primeira vez, e estivo agardando todo este tempo a sair da mellor maneira que eu a sentín e nas voces de tres grandísimos pandereteiros.
Colaboración especial: Pandereteiros Diego Calviño, Iván Blanco, Diego Cabaleiro
Volver Soñar Xulio Lorenzo Arr.Diego Bea Besada
Letra: Nieves García Quiles, Diego Bea, Xulio Lorenzo
Todos temos soños inmensos cando somos nenos que por unha ou outra circunstancia sempre acaban gardados nun baúl de soños, ilusións e incluso medos. Podo decir que os meus soños están aquí…a vida hai que reinventala, soñala e disfrutala…Vive, Xoga, Salta, Brinca,…Volve soñar…
An Bradán Polka Xulio Lorenzo Arr. Diego Bea Besada
O salmón é un importante símbolo tótem amuleto en Irlanda e en todo o mundo celta. Este amuleto forma parte de moitas lendas onde instrue a heroes no coñecemento e a sabiduría. Esta fermosa Polka vai adicada con todo o meu cariño a Marcos Campos, grandísimo gaiteiro, grandísima persoa e grandísimo amigo.
Terra d´ Mos, Mar d´Arousa Xulio Lorenzo Arr. Diego Bea Besada
Unha viaxe Sonora dende a Terra, os montes de Mos ata a Ría e as fermosas praias da Arousa, comezamos cunha Xota,a Xota de Mos e pasamos a alegre Muiñeira de Vilanova cun remate de festa por todo o alto.
Filla da Roseira Xulio Lorenzo Arr. Diego Bea Besada
Letra: Raúl Ben Rodriguez
A Rosa, o simbolo do meu lar, de Mos o meu pobo. Esta canción esta adicada a tod@s as persoas que día a día loitan coas súas vidas. con tantas e tantas historias de superación, en especial as mulleres Mosenses do Centro Galego Residentes de Mos en Bos Aires, Arxentina. Filla da Roseira para min ten ese significado, segue adiante, vive os teus soños, non te rindas nunca. A letra está feita por un grandísimo compositor e amigo, Raúl Ben Rodriguez e cantada xunto a min por unha das mellores voces galegas da actualidade, Belém Tajes.
Colaboración especial: Belém Tajes
O Nubeiro Xulio Lorenzo Arr Diego Bea Besada
Segundo a crenza popular dos seres mitolóxicos galegos, o Nubeiro é o habitante do aire, a súa aparencia é a dun xigante forte, vestido con peles, que deixa as ferrerías e monta o ceo a cabalo provocando treboadas e dirixindo os raios o seu antoxo para despois o amencer, baixar a terra a contemplar as súas fazañas.
Pasacorredoiras da Torroeira Xulio Lorenzo Arr.Diego Bea Besada
O lugar da Torroeira é onde eu nacín, en Louredo. Un lugar onde tódalas tardes nos xuntabamos para sair en bicicleta, xogar ó balón ou os pistoleiros. Unha morea de recordos os cales quixen plasmar con este tema alegre e divertido. Adicado os meus primeiros amigos da infancia.
Podes mercalo na Tenda ONLINE