Product Description
Volver Soñar….
Así, tan sinxelo e tan difícil ó mesmo tempo. Moitos diredes que xa non temos idade para Soñar, que os Soños, Soños son e sinceramente non vos quito razón algunha pero, que sería de nos sen os Soños? Sen a ilusión coa que iniciamos os proxectos, as aventuras, a vida mesma…
Como un soñador coma min non ía Volver Soñar?… Este fermoso traballo foi feito coa máis grande das ilusións e gracias a persoas marabillosas que dedicaron o seu tempo e o seu esforzo para que todo soe dunha maneira espectacular. Con case 40 anos publico o meu segundo traballo discográfico no que se recollen moitas das miñas inquedanzas, ilusións, moitos sentimentos, nostalxias e alegrías, acompañado dunha banda excepcional e rodeado de grandísimos artistas pero sobre todo, de amigos.
Así, desta maneira, eu podo Volver Soñar…
Reviews
There are no reviews yet.